José Manuel Portela foi o gañador do segundo certame de baristas en Foz
17/02/2011 - C.F.L. / El Progreso (Foz)
O fonsagradino José Manuel Portela Fernández foi o gañador do terceiro Campionato de Baristas Rexión Noroeste SCAE (Asociación Europea de Cafés Especiais) España 2011, celebrado no IES de Foz e no que houbo once participantes. Non é a primeira vez que acada un galardón nesta destreza, xa que o ano pasado foi o mellor valorado no certame das escolas de hostalería, no que concursou como alumno do instituto Sanxillao da capital luguesa.
O segundo posto foi para Raúl Alonso Sánchez, de Cantabria, e resultou terceiro clasificado Damián Novoa Seijas, natural do concello de Chantada e que estudou na escola de hostalería de Santiago, que tamén se clasificara o ano pasado para a final do concurso da SCAE. O cuarto premiado foi Óscar de Toro Santos, que traballa nun bar de Compostela e que ademais é o campión galego do último Fórum, outro certame de baristas.
Xosé Ríos, o profesor encargado de coordinar tanto este certame como o internacional que houbo o martes, no que concursaban as escolas de hostalería, destacou que «todo foi moi ben, houbo máis xente que o ano pasado e vese que cada ano estes certames espertan máis interese».
Ó igual que no outro certame, os alumnos deberían elaborar catro espressos, catro capuccinos e catro cócteles sen alcohol de creación propia, que serían degustados por outros tantos membros do xurado. A xornada completouse cunha nova demostración de latte art a cargo do considerado o mellor barista do mundo, Luigi Lupi.

No hay comentarios:
Publicar un comentario