NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
jueves, 28 de enero de 2010
Un cultivo da Deputación reduce un 40% os danos do xabaril en colleitas
O cultivo de distintas variedades de cereal impulsado o ano pasado pola Deputación no tecor da Fonsagrada conseguiu reducir nun 40% os danos ocasionados polos xabarís nas colleitas de particulares.
Así o indicou este mércores o presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, quen visitou na parroquia fonsagradina de San Pedro de Neiro unha das leiras nas que levou a cabo esta experiencia —pioneira en Galicia—, acompañado pola responsable da área de Gandería da Deputación, Xosé María Arias; o alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, e o presidente do tecor, Manuel López.
Gómez Besteiro explicou que no marco deste programa cultivouse millo e trigo en varias parcelas do tecor, que suman 11 hectáreas, co obxectivo de que o cereal servise de sustento aos xabarís para que non ocasionasen desfeitas en leiras privadas nin invadisen estradas. Segundo adiantou, a Deputación repetirá esta primavera esta iniciativa desenvolvida o ano pasado.
O presidente provincial resaltou o apoio ao proxecto —que complementa as medidas adoptadas desde o tecor— de veciños e titulares das parcelas utilizadas, "xa que moitas son cesións de particulares ou de monte común". Resaltou, ademais, que "apoiar o campo tamén é apoiar á caza, unha actividade deportiva e de lecer que moito moito diñeiro e contribúe a desenvolver a comarca".
apoia a caza lecer que move moitos cartos e contribúe a desenvolver a comarca".
Pola súa banda, o alcalde fonsagradino, Argelio Fernández, subliñou que con estes cultivos "ademais de mellorar o control da caza maior, tamén se mellora a caza menor coa recuperación de especies como a perdiz", tras o que agradeceu que a Deputación desenvolvese este proxecto no tecor da Fonsagrada, "que con máis de 40.000 hectáreas é o máis grande de Galicia", destacou.
Xestión de residuos
Antes desta visita, Besteiro estivo nunha explotación en Vilarchao, tamén na Fonsagrada, desde onde presentou o programa formativo impulsado pola Deputación para diminuír o impacto da carga gandeira no medio natural e contribuír, ao mesmo tempo, a que os titulares das granxas abaraten custos mediante a mellora da xestión de residuos.
Esta iniciativa, que se inclúe no programa europeo LugO2, consiste en charlas informativas e asesoramento individual. O programa arrincará o 28 de xaneiro cun curso en Cervantes. Seguiranlle novas sesións formativas o 29 de xaneiro en Vilalba, o sábado 30 en Folgoso do Courel e o mércores 3 de febreiro na Fonsagrada.
Besteiro destacou que "a Deputación é a única institución que día a día toma iniciativas en materia de agricultura e gandería". Recordou, entre outras actuacións, a creación do centro de recría na Granxa Gayoso-Castro, onde, dixo, tamén se prestará especial atención á xestión dos residuos.
"O tema de hoxe non é menor, xa que supón un cambio de estategia no sentido de apostar pola economía ambiental, e un dos grandes problemas dos agricultores é o tratamento de residuos". agregou, tras o que recordou que, segundo o censo agrario de 2009, na provincia hai case medio millón de cabezas de gando bovino.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario