sábado, 29 de enero de 2011

Lucía Pérez cóase na semifinal para representar a TVE en Eurovisión



Lucía Pérez garantiuse o paso á semifinal de 'Destino Eurovisión', o formato elixido este ano por TVE para escoller representante no festival, que se celebrará en Dusseldorf. A do Incio convenceu ao xurado e tamén á audiencia, que coas súas chamadas situouna como unha das máis votadas na gala deste venres, xunto ao cantante de estilo 'crooner' David Sancho e ao grupo de mozos Auryn.

Lucía Pérez cantou en terceiro lugar. Executou unha versión abreviada e en castelán de 'Non ho l'eta' —'No tengo edad'— coa que unha novísima Gigliola Cinquetti gañou o certame de forma incontestable en 1964. Lucía Pérez pasou a primeira criba do xurado e recibiu encomios de Boris Izaguirre e da cantante Merche, eloxiou a dozura da do Incio e a súa interpretación.

Aínda quedan tres galas
Os tres elixidos polo público na gala deste venres, Lucía Pérez, David Sancho e Auryn, xunto aos dous repescados polo xurado, Gio e Dá Igual, comparecerán na semifinal cos cinco gañadores doutra gala que se celebrará a semana que vén con idéntico procedemento.

Nesta terceira gala, na que os aspirantes seguirán interpretando grandes éxitos da historia do Festival de Eurovisión, só tres serán os elixidos polo público e o xurado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario