domingo, 23 de enero de 2011

Ferida unha anciá na Fonsagrada ao ser atropelada por un coche sen carné


Unha muller de 75 anos quedou ferida grave este domingo no concello lucense da Fonsagrada tras ser atropelada por un coche sen carné. Segundo informou a Garda Civil de Tráfico de Lugo, o suceso produciuse sobre as 12.50 horas no quilómetro 0,5 dun camiño veciñal que comunica coa LU-530, en Pedrouzos.

A muller, unha veciña da localidade lucense cuxa identidade responde as iniciais I.L.P., foi atropelada polo cuadriciclo -un Ligier XT100- cando o condutor estaba a realizar a manobra de marcha atrás. Como consecuencia do impacto, a ferida tivo que ser trasladada ao Hospital Xeral de Lugo por unha ambulancia do 061. O condutor do coche, E.F.L. de 79 anos, saíu ileso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario