Unha muller e o seu fillo, residentes no municipio lucense da Fonsagrada, foron rescatados da súa vivenda onte pola tarde despois de que a casa sufrise danos no tellado por un desprendemento de terra por mor das choivas. Ambos foron trasladados ao centro de saúde, desde onde ían ser enviados ao Hospital Xeral de Lugo, aínda que o seu estado non era grave. No resto da provincia, Sarria foi unha das localidades máis afectadas. O núcleo de Vigo de Sarria e o barrio das Insuas sufriron inundacións. Na capital rexistráronse incidencias en garaxes.
Tamén a comarca de Santiago viuse afectada polas choivas. En Brión, a incapacidade dos desaugadoiros da estrada de Noia, á altura do lugar de Tremo, fixeron que a auga alagase unha vivenda. En Sigüeiro (Oroso), unha pista secundaria moi utilizada polos mozos que acoden á movida de Ordes estivo cortada entre as seis e as once da mañá.

No hay comentarios:
Publicar un comentario