Galicia foi a sexta comunidade na que máis descendeu o número de matriculacións en 2010, cun 12,7% menos, tras rexistrarse en todo o ano 50.253 vehículos fronte aos 57.585 do mes anterior, segundo informaron este luns as asociacións automobilísticas de fabricantes (ANFAC) e de vendedores (GANVAM).
No mes de decembro do 2010, o número de matriculacións descendeu na comunidade un 22,3 por cento, con 4.362 vehículos rexistrados por 5.618 do mesmo mes do ano anterior, o que coloca a esta comunidade entre as catro nas que o descenso foi menor.
Datos do Estado
En canto aos datos estatais, a Comunidade de Madrid foi a de mellor comportamento nas matriculacións de turismos durante 2010, cunha subida do 21,6%, que implica multiplicar por máis de sete o aumento do mercado global no exercicio, que foi do 3,1%.
Segundo os datos facilitados polas asociacións automobilísticas de fabricantes (ANFAC) e de vendedores (GANVAM), o ano 2010 pechou con 982.015 matriculacións de turismos, cifra un 3,1% superior á de 2009, mentres que decembro sumouse á tendencia descendente da segunda metade do ano con 68.942 matriculacións, un 23,9% menos que no mesmo mes do ano precedente.
Madrid, ademais, foi a comunidade de maior volume de matriculacións no 2010, con 275.277 unidades, o 28% do total, seguida por Cataluña, con 146.751, unha cota do 14,9%, e un incremento interanual do 4,7%.
Estas dúas comunidades sumaron case o 43% da cota do mercado de turismos en España. ás evolucións á alza nas matriculacións de 2010 súmanse os arquipélagos balear e canario, con subidas do 16,6% e 12%, respectivamente, pola influencia que tiveron as compras das empresas de rent a car para facer fronte á tempada turística.
Pola contra, durante o 2010, territorios como Asturias, Navarra e Castela e León achegaron as peores evolucións anuais nas matriculacións de turismos, con retrocesos respectivos do 22,4%, do 16,2% e do 14,1%.
En decembro, as baixadas foron xeneralizadas e en liña co forte descenso das matriculacións mensuais nacionais e, entre as mesmas, destacaron as de Asturias, co 48,4%; Estremadura, co 42,3%, e Castela e León, co 40,5%. O resto de comunidades ofreceu resultados con retrocesos de dous díxitos, salvo os casos de Canarias e Madrid, que temperaron as caídas con rexistros do 3,3% e do 5,4%, respectivamente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario