O pleno da Fonsagrada mostrou o xoves o seu rexeitamento unánime ao trazado da liña de alta tensión Boimente-Pesoz.
A corporación municipal oponse ao percorrido deseñado por Rede Eléctrica España para este corredor, de 400 kilovoltios e 81 quilómetros, ao pasar «por unha das zonas máis prósperas do municipio e cun importante asentamento poboacional».
O alcalde fonsagradino, Argelio Fernández Queipo, explicou que nese lugar hai «numerosas vivendas, explotacións gandeiras, casas de turismo rural ou incluso unha gardería».
A liña de alta tensión pretende comunicar a subestación eléctrica da localidade lucense de Boimente e Pesoz co fin de evacuar a electricidade excedente que se produce na comunidade galega.
Argelio Fernández considera que o trazado previsto responde «unicamente ós intereses económicos da eléctrica» xa que elixen o territorio máis chairo do municipio onde a instalación de torres de alta tensión resulta «máis doada e moito máis barata».
Loita
O rexedor fonsagradino asegura que o pleno acordou «seguir loitando» para que o Ministerio de Industria decántese finalmente por un trazado alternativo e advirte que «chegaremos ata onde sexa preciso, ata o tribunal da Haia se fai falta, con tal de defender a riqueza ambiental do noso concello».
Esta acción súmase ás dos veciños afectados da Fonsagrada, A Pontenova e Santa Eulalia de Oscos, en Asturias, que no ano 2008 constituíron a asociación Camín Grande, a través da que organizan frecuentes accións de protesta contra o trazado da liña.

No hay comentarios:
Publicar un comentario