A obra inédita de Manuel María titulada 'Galiza' foi presentada este mércores na Deputación de Lugo. O libro sae á luz da man da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, que presenta unha edición moi coidada, con ilustracións de Xosé Cobas e fotografías de Manuel Graña.
A obra reproduce un texto que foi mecanografado polo propio Manuel María e que permaneceu ata agora gardado no seu arquivo particular. O documento estaba perfectamente organizado e contiña as indicacións precisas para a súa publicación.
Trátase dunha síntese da historia, xeografía, literatura, arte e tradicións de Galicia, co valor engadido de ter sido realizada por un dos escritores galegos máis destacados da segunda metade do século XX.
O libro, segundo salientou a Deputación, ten unha decidida vocación didáctica e vai dirixido tanto a un público xeral, interesado en coñecer de forma concisa e amena algúns dos aspectos máis destacados do pasado e do presente do seu país, como tamén, e de modo especial, a un público xuvenil, xa que os protagonistas da obra son xente nova que dá unha visión diferente de Galicia. Trátase, ademais, "dunha ferramenta atractiva e útil para o profesorado".

No hay comentarios:
Publicar un comentario