jueves, 27 de enero de 2011

PERSOEIROS DA FONSAGRADA: Manuel Chaín dimite como secretario xeral de UXT ao ser candidato socialista



26/01/2011 - El Progreso (Lugo)
Manuel Chaín presentou a súa dimisión como secretario xeral de UXT en Lugo. Tras este adeus, é a comisión executiva da unión comarcal a que asume colegiadamente a dirección do sindicato. Esa responsabilidade expirará no prazo máximo de catro semanas, período no que se terá que celebrar o comité no que se elixirá ao seu sucesor.
A dimisión de Manuel Chaín, que a presentou por escrito na tarde do pasado martes ante a comisión executiva de UXT-Galicia, era esperada. Produciuse catro días despois de que transcendese que vai concorrer ás próximas eleccións municipais de maio na candidatura do PSdeG-PSOE ao Concello de Lugo, que encabezará José López Orozco. Ese salto á area política si que colleu por sorpresa aos seus compañeiros de central.
Desde UXT-Lugo quíxose deixar claro que, a pesar da marcha do secretario xeral, está «garantido ou normal funcionamento e atención as tarefas de acción sindical», obrigación que asumirá a comisión executiva de forma colexiada.
MUNICIPAIS 2011
Orozco ficha para a súa lista a Chaín, líder de UXT en Lugo
Manuel Chaín, secretario comarcal de UXT en Lugo, dará o saltou á area política e incorporarase con case total seguridade á lista de José López Orozco ás próximas eleccións municipais.
A entrada de Chaín na candidatura socialista dáse por pechada en ámbitos do partido, aínda que oficialmente nin se confirma nin se desmente e o alcalde e candidato da formación non quixo onte falar da súa candidatura.
A incorporación de Chaín estaría orientada a potenciar as políticas relacionadas co emprego. A súa longa experiencia á fronte do sindicato fai, ademais, que o dirixente de UXT en Lugo teña moitas relacións no mundo do sindicalismo e dos traballadores, pero tamén do empresariado.
Chaín é a primeira figura pública que salta á palestra electoral de cara aos próximos comicios. Nestes momentos, socialistas e populares (o Bloque xa pechou a súa lista) están a traballar na formación das súas candidaturas.
Dáse por suposto que Chaín incorporarase a un posto de saída e iso suporá que Orozco deberá prescindir -ou levar a postos menos seguros- a algún dos homes do seu actual equipo. En ámbitos sindicais descártase que a chegada do secretario comarcal supoña unha perda de peso de José Rábade, edil saído tamén das filas de UXT.
En canto á rama feminina da candidatura, dáse por descontada a continuidade de Sonia Méndez, auténtica man dereita de Orozco, e a incorporación á candidatura de María Novo, edil de Urbanismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario