O Índice de Produción Industrial (IPI) caeu en Galicia durante o mes de novembro de 2010 un 3,4 por cento respecto do mesmo mes do ano anterior, fronte ao aumento do 2,7 % do conxunto de España. Así o informou este mércores o Instituto Nacional de Estadística (INE), nuns datos que confirman unha das principais reivindicacións dos sindicatos galegos, como por exemplo a CIG, que este mesmo martes alertaba sobre a perda de emprego no sector industrial, sobre todo na provincia de Pontevedra.
O incremento medio do Estado supón un repunte respecto das caídas rexistradas nos dous meses anteriores por este indicador da economía, que o pasado mes de outubro experimentou o maior descenso desde febreiro de 2010, ao diminuír un 1,9%.
A subida de novembro débese sobre todo ao incremento do 7,8% da produción de enerxía, en particular á xeración de electricidade e o refinado de petróleo, así como ao aumento do 4,5% da produción de bens intermedios, motivada polo crecemento da fabricación de artigos de coitelería e cubertería, ferramentas de ferraxería e produtos químicos. Pola contra, entre as actividades con máis crecemento negativo, a que ten unha maior repercusión é a fabricación de elementos de formigón, cemento e xeso.
Entre xaneiro e novembro de 2010, corrixidos os efectos do calendario, a produción industrial subiu un 0,8% con respecto ao mesmo período do exercicio anterior. Sen descontar o efecto calendario (diferenza de días laborables), a produción industrial retrocedeu en novembro o 2,3% fronte ao undécimo mes de 2009, cando caeu un 3,8%.
Por destino económico da produción, o índice de produción baixou un 9% en bens de consumo duradeiro por mor da evolución negativa de todas as súas actividades, sobre todo a fabricación de mobles e produtos electrónicos de consumo. Á súa vez, o IPI de bens de consumo non duradeiro incrementouse o 0,3% e o de bens de equipo, o 1,9%.
Por comunidades autónomas, en novembro o IPI rexistrou variacións interanuais positivas en doce delas, e os maiores aumentos da produción producíronse en Estremadura (24,3%), Cantabria (11,8%) e Castela-A Mancha (8,1%). Séguenlles o País Vasco (7,3%), Aragón (5,9%), Navarra (5,6%), Castela e León (4,8%), Cataluña (4,5%), A Rioxa (2,6%), Canarias (2,5%), Comunidade Valenciana (2,3%) e Asturias (1%).
Pola súa banda, a produción diminuíu en Baleares (4,5%), Murcia (3,6%), Galicia (3,4%), Madrid (3,3%) e Andalucía (3,1%).

No hay comentarios:
Publicar un comentario