MARZO CHUVIOSO, VRAN CALUROSO
Marzo é un dos meses aos que máis ditos e refráns se lle adicaron ao longo do tempo, quizais tamén porque é unha época importante para calquer tipo de cultivo. Ademáis, é o comezo da primavera, e eso, supoño, nótase ata na literatura popular.Non vou estender este artigo inzado de ditos do marzal, posto que sería demasiado longo e aburrido. O que si me gustaría, é apuntar algunhas curiosidades:* Unha delas é o feito de que existen para este mes unha serie de ditos cunha mesma sintaxe, e que para outros meses non se dan, cando menos non con tanta intensidade. Tal é o caso de
- Marzo, igualalarzo.
- Marzo, iguarzo. Refírense estes dous primeiros ao equinocio.
- Marzo, espigarzo. Refírese á saida das primeiras espigas.
- Marzo, pelarzo.
- Marzo, raparzo. Este e o anterior, refírense á rapa das ovellas, que se comeza nesta época.*
Tamén existen unha boa chea de ditos que unen a marzo co viño ou coa feitura do viño:
- O que poda en marzo, vendima no regazo.
- O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.
- A viña do bo amo, pódase en marzo;
- a viña do ruín, pódase en abril.
- Se no marzo oes tronar, prepara as cubas e o lagar.
- Ben lle irá ao borracho se trona en marzo.
- Marzo, marzal, deixame o viño trasegar.
- Marzo, rodriga feita.
- Viño de marzo, lévao a vella no regazo.*
E ademáis varios ditos relacionados cos paxaros:
- Se marzo se vai e o cuco non veu, ou ven a fin ou o cuco morreu.
- Entre marzo e abril, se non ven o cuco, quer vir a fin.
- Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a rula non rulea, mala colleita se espera.
- De marzo á mitá, a anduriña ven e o tordo vai.
- San Raimundo trae a anduriña do outro mundo.*
E para rematar, existen unha serie de refráns que falan da variación do tempo ao longo dos días de marzo, por exemplo:
- Día de marzo, entra rindo e sai chorando.
- Marzo marzán, pola mañá cariña de rosa, e pola tarde cara de can.
- Marciño, marcexán, pola mañá cara de can, ás doce sol da raiña, e á noite pela coma unha fouciña.
- Marzo engañador, un día malo e outro peor..
No hay comentarios:
Publicar un comentario