- A abella e a ovella en abril deixan a pelexa.
- A auga de abril enche o carro e o carril.
- A choiva no abril dá millo e dá pan.
- A liñaza por San Marco nin nada, nin no saco.
- A ovella i a abella polo abril deixan a pelexa.
- A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
- A solla en abril, cóllea na man e déixaa ir.
- A vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril.
- A viña de bo amo pódase en marzo; a viña do ruín pódase en abril.
- Abril a lan carda, e maio leva a fama.
- Abril, abril, de cen en cen anos deberas vir.
- Abril atoldado e pouco mollado.
- Abril, augas mil, escoadas por un mandil.
- Abril, augas mil, peneiradas nun candil.
- Abril, augas mil, se non ó comenzo, ó medio ou ó fin.
- Abril chove pras xentes, e maio pras bestas.
- Abril chovedoiro enche o cabaceiro.
- Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso
- Abril e maio son as chaves do ano.
- Abril esfola, pero maio amola.
- Abril frío e fornos quentes, alegría prós meus dentes.
- Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gado
- Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gado.
- Abril frío quer compango, viño e pantrigo.
- Abril frío trai poias de trigo.
- Abril frío, moito pan e pouco viño.
- Abril frío, pan e viño.
- Abril mata o porco no cobil, e maio mátao dun ano.
- Abril mollado, malo na horta e bo no campo.
- Abril, o do bo dormir.
- Abril pare os froitos e maio lévaos ó lombo.
- Abril, pendoril; maio, engraio; e san Xoán, segaio.
- Abril, pra ser abril, ten que vir con augas mil.
- Abril que non chove deixa ó labrego probe.
- Abril quente e mollado, carga o carro e enche o gando.
- Abril quente e mollado, carga o carro i engorda o gando.
- Abril, se por mal quere vir, as portas non deixa abrir.
- Abril, se por mal quere vir, nin as portas deixa abrir.
- Abril, si por mal quer vir, inda as portas non deixa abrir.
- Abriles bos e bos fidalgos, andan escasos.
- Abriles e cabaleiros, son ás veces treicioeiros.
- Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros, agora virá teu irmán abril, que non sei se mos deixará vivir.
- Altas ou baixas, en abril son as Pascuas.
- As madrugadas de abril son pintadas pra durmir.
- As madrugadas de abril son propias para dormir.
- As mañanciñas de abril deixádemas pra dormir.
- As sandías nin semeadas en maio nin nadas en abril.
- Auga de abril molla o carro, molla a leira e molla o carril.
- Auga de abril, enche o carro e o carril.
- Auga en abril, toda a que poida vir.
- Ben veña abril coas súas augas mil.
- Cando abril recacha, inda a vella queima a racha.
- Cando abril recacha, queima a vella a maza.
- Cando chove por San Xorxe, de cen cereixas quedan catorce.
- Cando en marzo chove i en abril xía, quédase maio feito unha criba.
- Cando marzo abrilea, abril marcea.
- Chova por abril e maio e non chova en todo o ano.
- Chova por abril e por maio e non chova na volta do ano.
- Chova pra min abril e maio e pra ti todo o ano.
- Chuvia de abril non perdoa ó carro nin ó carril.
- Chuvia por abril e maio, aunque non chova en todo o ano.
- Cobras en marzo, neve en abril.
- Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.
- Corta cardos en abril e de cada un naceranche mil.
- De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir.
- De abril a maio, mes de descanso.
- Díxolle maio a abril: Anque che pese, heime rir.
- Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro.
- En abril, a sardiña val pernil.
- En abril abre a porta ó gado, e déixao ir.
- En abril, ábrelle a porta ó gando e déixao ir.
- En abril, augas mil.
- En abril, augas mil, cargan o carro e mailo barril.
- En abril, augas mil, e en maio tódalas que queiran vir.
- En abril, augas mil, e en maio, tres ou catro.
- En abril, augas mil, e en xaneiro come carneiro.
- En abril, augas mil, e todas caben nun barril.
- En abril, augas mil, e vento, e tódalas que queiran vir.
- En abril, cada pinga val por mil.
- En abril, cada pingueira de auga vale por mil.
- En abril cátanos no cubil, en maio xa son bo gallo, en san Xoán xa lle dou a carreira ó can, en santa Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.
- En abril cear sin candil.
- En abril, chuvias ir e chuvias vir.
- En abril déitate sen candil.
- En abril déixame durmir.
- En abril déixame durmir, que en maio de meu me caio.
- En abril déixame durmir, que en maio eu só me caio.
- En abril e maio fai fariña pra todo o ano.
- En abril entra o albañil.
- En abril, espárragos para min; en maio, para o meu amo.
- En abril, espigas mil.
- En abril, espigas mil, no maio todo espigado.
- En abril inda está o porco no cubil.
- En abril mata o porco no cubil.
- En abril, mata o porco no cubíl, e en maio, mátao dun ano.
- En abril métese a vella no cubil.
- En abril non te descubras dun fío.
- En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoan para o can.
- En abril os espárragos pra min, i en maio pró meu amo.
- En abril ponte o capelo ruín.
- En abril ronca o porco no cubil.
- En abril sae o cuco do cubil.
- En abril vai colle-la sardiña polo rabo e déixaa ir.
- En abril xa soio poda o labrego ruín.
- En marzo saca a cabeza o lagarto, i en abril acaba de saír.
- En marzo, cada pingueira quita un carto; i en abril, cada pingueira dá mil.
- En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo.
- En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoán, xa fuxo ó can; en Santa Marina, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo.
- En marzo, se podas un cardo, naceranche catro, i en abril, se cortas catro naceranche mil.
- Entre abril e maio, fai fariña para o ano.
- Entre marzo e abril o cuco ha de vir.
- Entre marzo e abril, o cuco, ou a fin
- Entre marzo e abril o cuco quere vir.
- Entre marzo e abril o cuco ten que vir, e se o cuco faltara a fin do mundo voltara.
- Entre marzo e abril, ou ha vir o cuco, ou a fin.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cobil, pois coa neve non quer vir.
- Entre marzo e abril sae o cuco de cubil, que coa neve non quer vir.
- Entre marzo e abril, se non vén o cuco, quer vir a fin.
- Falten augas mil e non falten en abril.
- Febreiriño curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato; pois deixa, que agora vén meu irmáu abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil.
- Folla en abril, abre a man e déixaa ir.
- Garda do pan para maio e da leña para abril.
- Garda leña pra abril e pan pra maio.
- Garda pan para maio e leña para abril.
- Garda pan para maio e leña para abril, que che ha de cumprir.
- Leiracho lereu, por san Xurxo no centeu
- Marzo amola, e abril esfola.
- Marzo é a porta e abril trai a chave, se está posta.
- Marzo, espigarzo; abril, penduril; maio, granado; san Xoán, curado. Na santa Mariña, metelo na arquiña.
- Marzo, espigas catro; abril, espigas mil.
- Marzo louco, e abril non pouco.
- Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso fan o ano fermoso.
- Marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio florido e fermoso.
- Marzo ventoso, abril chuvioso e maio pardo fan fermoso o ano.
- Neve en abril, cobras en marzo.
- Nin no abril nado, nin no maio plantado.
- No abril, cada pingota de auga vale por mil.
- No abril, chuvia que encha o carro i o carril.
- No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo.
- No abril mata o porco no cubil, e no maio mátao de un ano.
- No abril para min, no maio para o criado e no san Xoán o peixe para o can.
- No abril sai o cuco do cubil.
- No mes de abril fai queixos mil; no de maio, tres ou catro.
- No mes de abril fai queixos mil, no mes de maio fai tres ou catro.
- No mes de marzo e abril o cuco ha de saír, se ós tres meses non volveu é porque morreu.
- O abril penduril.
- O cuco no abril vive, e no maio revive.
- O cuco no abril xa sai do cobil.
- Ó escacho, polo abril, non hai máis que lle pedir.
- O frío de abril mata o porco no cubil.
- O frío de abril mata o porco no seu cubil.
- O mes de xaneiro é o xeadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor.
- O millo polo san Marcos, nin nado nin no saco
- O millo polo san Marcos, nin nado nin no saco.
- O millo por san Marcos nin no saco nin nado.
- O primeiro de abril van os burros a onde non deben ir.
- O que en abril come sardiña, aínda en agosto pícalle a espiña.
- O que en marzo non fende, en abril non estende.
- O que non garda leña pra abril, non sabe vivir.
- O queixo e o barbeito, en abril ou maio sexa feito.
- O vento de abril e a lama de agosto, matan o viño anque sexa no mosto.
- O viño de abril, enche o carro e o carril.
Ós comenzos de abril o cuco ten que vir, e se non volveu, ou prendérono ou morreu. - Ós escachos no abril, non hai máis que lle pedir.
- Poeira en abril, lama en agosto.
- Polo abril que veñan augas mil ou cantas queiran vir.
- Polo abril ronca o porco no cubil.
- Polo abril xa só poda o labrego ruín.
- Polvo en abril, lama en agosto.
- Por abril dorme o mozo ruín, e por maio, o mozo i o amo.
- Por abril ponte de codín; e se o pan ves verdegar, ponte a cantar.
- Por Pascuas de Resurrección tres cousas non teñen sazón, sardiñas asadas, castañas asadas e predicación.
- ¿Por que naciche tan ruín? Porque non me sementache en abril.
- Que altas, que baixas, en abril son as Pascuas.
- Que chova en abril e maio anque non chova en todo o ano.
- Quen queira mal a unha veciña, dealle no abril sardiña.
- San Marcos, sementa polos altos.
- San Xurxo o larpeiro leva as uvas no pandeiro.
- Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a ruliña non rulea, mala cosecha se espera.
- Se en marzo ou abril o cuco non vén, quer vir a fin.
- Se entre marzo e abril o cuco non vén, é que o cuco é morto ou a fin quere vir.
- Se entre marzo e abril o cuco non veu é sinal que morreu ou é sinal do fin.
- Se non houbera abril, non habería ano ruín.
- Se non sal o cuco antes do trece de abril, ou morreu o cuco ou virá a fin.
- Se non víche-lo cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou quer vir a fin.
- Se non víche-lo cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou vai vir ó fin.
- Se polo san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
- Se pra San Xurxo xea non collerás nin unha pera.
Se queres saber cando é abril a anduriña viracho dicir. - Solla de abril, abre a man e déixaa fuxir.
- Solla de abril, abre a man e déixaa ir.
- Solla de abril, abre as maos e déixaa ir.
- Tras de abril vén maio, e hai cereixas como puños.
- Un día de abril e outro de maio, se son de tempo axeitado, valen os dous tanto coma os bois e o carro.
- Val máis un torbón de abril que os bois e o carro i aquel que vai nil.
- Xaneiro xiado e abril mollado enchen o faiado.
- Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
martes, 18 de mayo de 2010
REFRANS MES DE ABRIL
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario