miércoles, 26 de mayo de 2010

A planta de biomasa dos Ancares desviará calor para invernadoiros de flor





A planta de biomasa que Gaélica Solar proxecta para Os Ancares desviará parte da súa calor residual para unha serie de invernadoiros nos que a empresa Hortoflor cultivará plantas. Así o explicou o portavoz do PP das Nogais, Jesús Núñez, quen indicou que a autorización da planta é inminente.
Núñez explicou que a posta en marcha do proxecto depende da concesión que a Xunta fará pública en breve, segundo as súas informacións.
A planta de gasificación de biomasa que promoven Gaélica Solar e Hortoflor requirirá un investimento de 3.305.000 euros e suporá a creación de 38 postos de traballo. Instalarase na Lagúa (As Nogais) e fornecerase de biomasa de 5.000 hectáreas de montes dos Ancares, pertencentes aos municipios das Nogais, Cervantes, Becerreá e Navia de Suarna.
Terá capacidade para producir dous megawatts a partir de gasificación de biomasa e un megawatt de enerxía solar. Ademais, o proceso de recuperación de calor residual permitirá manter unha serie de invernadoiros que se destinarán ao cultivo de flores.
O portavoz do PP das Nogais, Jesús Núñez, valorou esta iniciativa, que considera moi beneficiosa para a zona. Ademais da creación de postos de traballo, considera que a utilización da biomasa para producir enerxía axudará a xestionar mellor os recursos forestais. Espera que esta actividade contribúa a manter limpos os montes e evitar a propagación de incendios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario