jueves, 13 de mayo de 2010

Rebaixan a 26 anos a petición de cárcere aos cinco acusados por intento de asasinato na Fonsagrada






A defensa dos cinco veciños da Fonsagrada (Lugo) acusados de asasinato en grao de tentativa que foron xulgados o martes 11 de maio na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo aceptou a rebaixa de 60 a 26 anos de prisión para os seus clientes que solicitou a Fiscalía.

No transcurso do xuízo os procesados recoñeceron os feitos.

Para catro dos acusados solicitáronse cinco anos e medio de prisión polos delitos de violación de morada, lesións e detención ilegal, en tanto que á presunta inductora reducíuselle de 12 anos a 4 e sete meses a pena. Todas estas peticións foron asumidas polas partes, incluídas a acusación particular e os avogados dos cinco procesados.


Os feitos xulgados remóntanse a novembro de 2007 cando un dos imputados, Flora C., ideou un plan para acabar coa vida da que foi a súa parella Guillermo M., en conivencia cos outros catro imputados. O 12 de novembro dese ano os acusados entraron na casa da vítima, en Paradavella, (A Fonsagrada) e a golpearon con patadas e puñadas, ata que quedou inconsciente.
Despois envolvérona nunha manta e introducírona no maleteiro dun vehículo coa suposta intención, segundo as conclusións provisionais deFiscalía e acusación particular, de arroxar ao home ás augas do encoro de Grandas de Salime (Asturias). No traslado e, tras unha curva pechada na estrada de montaña pola que transitaban, a vítima logrou fuxir do vehículo, logo de saltar do maleteiro.


Escarmento


O martes todos os procesados recoñeceron os feitos, acreditando que o único que buscaban era darlle un "escarmento" e "un susto" a Guillermo M.


O xuízo tivo que ser interrompido cando declaraba a presunta inductora, dado que non admitía uns feitos que previamente pactaran as partes. Tras saír da sala e conversar co seu avogado cambiou a súa declaración. Previamente e antes do xuízo, Flora C. dixo aos medios de comunicación que vía todo o proceso "como unha inxustiza". "Porque nin mo comín, nin mo bebín", sentenciou, e engadiu que era "todo falso", ao ser preguntada sobre as acusacións.
Ao final da sesión, o avogado da acusación particular precisou que a rebaixa viña dada por que se satisfixeron" as indemnizacións, de 30.000 euros, que pedían "con anterioridade". Aínda que en principio mantiña que se intentou asasinar ao seu cliente, despois do xuízo comentou que "foron os feitos tal cal se produciron, é dicir, irromper no domicilio de Guillermo, golpealo cando estaba a durmir e metelo no vehículo".


Con todo isto dixo que a cualificación final forma parte dos acordos que tiñan as partes. Na sesión, a vítima testemuñou que fora golpeado, pero considerou que sen ánimo de asasinalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario