Galicia experimentou un incremento na compravenda de vivendas o mes de marzo con respecto ao anterior, ao alcanzar as 1.907 operacións fronte ás 1.742 de febreiro, segundo os datos feitos públicos este luns polo Instituto Nacional de Estadística (INE).Do total de operacións, 1.209 realizáronse sobre vivenda nova e 698 sobre usada, mentres que 1.815 efectuáronse sobre vivenda libre e 92 sobre a protexida.En canto ao modo de transmisión e ademais da compravenda, das 3.512 vivendas transmitidas, 28 doáronse, 43 permutáronse e 519 herdáronse, mentres que 1.015 transmitíronse por outras fórmulas. Incluídas as vivendas, en Galicia transmitíronse un total de 9.209 leiras, 397 por cada cen mil habitantes.A nivel estatal, a venda de vivendas rexistrou 37.561 operacións en marzo, o que supón un aumento do 9 por cento respecto ao mesmo mes de 2009 e consolida o repunte rexistrado desde que comezou o ano.Ademais, a estatística publicada polo INE reflexa que marzo rexistrou o terceiro aumento interanual consecutivo, aínda que supón unha moderación con respecto ao mes de febreiro, cando, co 18 por cento, supuxo a maior alza dos últimos dous anos. O aumento foi posible grazas ao incremento do 25,1 por cento das vendas de vivenda usada (19.212 operacións), dado que as transaccións de obra nova decreceron un 4 por cento (con 18.349 operacións).
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario