NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
lunes, 17 de mayo de 2010
Medio Ambiente desbloquea o plan de abastecemento da Fonsagrada
O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño acaba de adxudicar á empresa Eptisa a redacción do proxecto de mellora do abastecemento de auga da Fonsagrada. A contratación desta actuación é o primeiro paso para solucionar os problemas de subministración que sofren os fonsagradinos desde a rotura da presa do Muradal.
O obxectivo do proxecto é determinar o modo máis adecuado de recoller a auga dos mananciais para fornecer á vila da Fonsagrada. Desde que a presa quedou inutilizada, a auga bombéase desde o río, traballo que entraña grandes dificultades e un elevado gasto enerxético.
Os técnicos de Eptisa teñen un arduo traballo por diante, pois para deseñar o novo sistema de abastecemento de auga deberán ter en conta non só a configuración hidrolóxica das montañas fonsagradinas, senón tamén os condicionantes ambientais para a obra.
Unha vez definidas as características da actuación, a Confederación Hidrográfica do Cantábrico asumirá a obra, seguindo o compromiso adquirido polo seu presidente, Jorge Marquínez, nunha reunión mantida o pasado ano co alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo.
Fondos
O Ministerio de Medio Ambiente achegará os fondos específicos para a redacción do proxecto e a partida orzamentaria para acometer as obras se detraerá da asignación para actuacións da Confederación Hidrográfica do Cantábrico.
O alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, valorou este xoves o paso dado polo ministerio ao adxudicar a redacción do proxecto. Indicou que "é o que estabamos a esperar para realizar as obras".
O rexedor non quixo aventurar cal será a solución que se adopte para suplir a presa do Muradal. Explicou que "son os técnicos os que agora teñen que estudar cal é a mellor opción para mellorar o abastecemento de auga da vila da Fonsagrada".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario