jueves, 27 de mayo de 2010

O Parlamento oponse de forma unánime a un novo encoro no río Navia







O Parlamento galego acordou o mércores 26 de maio de forma unánime, a proposta do BNG, pedir á Xunta que, no marco das súas competencias ambientais, se opoña á construción do Salto de Suarna no río Navia, que afecta a terreos de Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ibias En virtude deste acordo, a Cámara tamén reclamará á Xunta que favoreza o aproveitamento dos recursos da comarca.

O defensor da moción, o parlamentario do BNG Fernando Blanco, denunciou que «os veciños e veciñas viven dende 1963 baixo a ameaza de construción dun gran encoro», tras o que afirmou que o río Navia «xa está sobreexplotado, con tres grandes encoros e catro centrais hidroeléctricas que ocupan máis do 40% do seu treito».

A proposta do BNG foi apoiada por PSOE e PP despois que se aceptasen as emendas que presentaron. Así os socialistas instaron a que o Goberno central declare o río Navia libre de novos aproveitamentos hidroeléctricos no Plan Hidrolóxico Nacional, que se está redactando na actualidade.

Pola súa banda, o PP conseguiu o apoio dos restantes partidos a que o mellor aproveitamento dos recursos agropecuarios, forestais, cinexéticos e piscícolas da comarca se articule a través do plan Impulsa Lugo. O deputado popular Daniel Varela destacou que dito plan «prima o factor de localización en todos os proxectos de investimento na provincia». No pleno estiveron membros de Adega, que esperan que Xunta e Goberno central decreten o «punto final» para as concesións hidroeléctricas nos ríos galegos, que ven «sobreexplotados».

No hay comentarios:

Publicar un comentario