martes, 11 de mayo de 2010

A Fonsagrada busca unha nova localización para construír as piscinas




O pleno da Fonsagrada aprobou por unanimidade a creación dunha comisión con representación de todos os grupos políticos para buscar unha nova localización para construír as piscinas municipais.


Os terreos onde se iniciaron as obras hai anos non cumpren as condicións para albergar estas instalacións. Teñen consideración de chan rústico e debería ser dotacional, segundo explicou o alcalde, Argelio Fernández Queipo. Ademais, a día de hoxe o Concello non pode acreditar a propiedade dos terreos, adquiridos supostamente polo goberno de Bertín Deza, pero cuxo rexistro non consta.


Argelio Fernández indicou que o Concello estudará a posibilidade de chegar a un acordo cos propietarios das piscinas do cámping para que os veciños da Fonsagrada poidan gozar delas a un prezo subvencionado mentres non estean operativas as instalacións públicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario