lunes, 31 de mayo de 2010

BREVE GLOSARIO DE SANADORES

1 Compoñedores Tamén denominados compostores, a súa especialidade son os ósos descoyuntados, aínda que o que máis fan é compoñer brazos e pernas dislocadas, escordaduras e luxacións. Tamén soben o estómago caído.

2 Curandeiros Os máis comúns na Galicia rural, curábano case todo utilizando diferentes sistemas que ían dende a oración e os ensalmos á imposición de mans ou miradas, pasando polas apócemas a base de herbas.

3 Sabias E unha especie de bruxa boa, cun don divino. Tratan os maleficios que supostamente sofren as persoas, tales como mal de ollo, meigallo, irada ou defunto. Son males espirituais causado por unha forza maligna.

4 Atadores Chamábase así aos que arranxaban fracturas de ósos e luxacións. As súas prácticas son similares ás dos compoñedores aínda que máis limitadas. O seu nome deriva de "atar" as extremidades dos feridos a compoñer.

5 Ensalmadores Personajes que expulsan o mal de ollo do corpo e outros maleficios por medio de ensalmos e pocións máxicas. Son unha especie de curandeiros místico-relixiosos que se aproveitan da credulidade da xente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario