Aínda que no rexistro de animais potencialmente perigosos que mantén a Consellería do Medio Rural hai inscritos 3.521 animais, non todos son cans. O censo inclúe todo tipo de mascotas que entren nesa categoría, aínda que, segundo a Xunta, máis do 90% son cans. Con esas cifras, a Administración ten constancia de máis de tres mil cans pertencentes a razas consideradas perigosas en potencia, aínda que algúns expertos consideran que a cifra podería ser substancialmente maior. «Hai un importante mercado negro ao redor destes animais, que moitas veces provoca que non estean rexistrados», sinala un especialista.
No rexistro, Pontevedra é a provincia que ten un maior número de animais, cun censo de 1.666; séguelle A Coruña, con 1.385; Ourense, con 246, e Lugo, con 224.
Javier Davina é o responsable da Sociedade Cinológica Galega Expogal, a única entidade autorizada en Galicia para certificar o pedigrí dun animal destas características. Sinala que nos rexistros da sociedade non hai máis de 150 exemplares, o que dá idea da importancia do mercado negro que se move con estes animais. Davina considera que, a pesar dos avances legais que se desenvolveron nos últimos anos, resulta incongruente que a Administración poida quitarlle un can ao seu propietario por considerar que está a facer un uso ilícito do animal, pero non poida inhabilitalo para comprar outro en calquera momento: «O idóneo sería capacitar seriamente aos propietarios dos cans e sometelos a unha mellor e maior avaliación».
Para este profesional e outros expertos do ramo, a atención aos cans supón unha parte ínfima na actividade da consellería do ramo, a pesar da gran cantidade de cans que hai en Galicia.
O rexistro de animais perigosos non se incrementou significativamente nos últimos anos, segundo as apreciacións de Medio Rural, aínda que é certo que algunhas fontes relacionadas co acollemento de cans abandonados sinalan que hai algúns anos, cando se aprobou a lei que establecía o rexistro e un endurecemento das condicións para os seus propietarios, si se produciu un incremento moi importante no número de exemplares abandonados destas razas: «Agora sucede o contrario», sinala a responsable dun refuxio galego. «Hai lista de espera para adoptar a un can destas características», engade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario