martes, 18 de mayo de 2010

fonte: cousas que se din


O RAPOSO
Velaqui vos deixo un refrán longo que fala dunha vida enteira: a do raposo. Fíxome graza porque recolle as fases polas que pasa a vida dun raposo desde que nace ata que é adulto:
En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoán, xa fuxo do can; en Santa Mariña, xa collo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo.Por certo, sabíades que o raposo tamén é chamado golpe? Esta palabra deriva do latin vulpes.E ademáis de ser o animal peludo que todos coñecemos o raposo é tamén un peixe, o raposo de mar, concretamente un tipo de quenlla pouco común. E tamén é un instrumento utilizado no mar para arrastrar o fondo, coma un rizón.Tamén vos podo dicir que alguén que é fillo de raposo, é que é fillo de solteira, e que existen o pan de raposo, que é unha especie de cogomelo, e a uva de raposo, que é a madreselva.Ah! E esquecíame dicir que unha raposada, é una astucia

No hay comentarios:

Publicar un comentario