NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
jueves, 7 de enero de 2010
As miñas películas: "No es tan fácil"
Xénero: Comedia, romance.
Ano: 2009
País: USA
Fotografía: Hans Zimmer e Heictor Pereira
Musica: Ilan Eshkeri
Guión: Nancy Meyers
Director: Nancy Meyers
Intérpretes: Meryl Streep (Jane), Alec Baldwin (Jake), Steve Martin (Adam), John Krasinski (Harley), Lake Bell (Agness), Caitlin Fitzgerald (Lauren), Koe Kazan (Gabby), Hunter Parrish (Luke), Rita Wilson (Trisha), Mary Kay Place (Joanne).
Argumento:
Jane, nai de tres fillos maiores, é propietaria dunha popular panadaría en Santa Bárbara. Leva dez anos divorciada e aínda mantén unha boa relación co seu ex marido, Jake, que agora está casado cunha muller moito máis nova. Todo se complica cando Jane e Jake se desprazan fóra da cidade para asistir á cerimonia de graduación universitaria do seu fillo. Unha cea inocente remata nunha aventura amorosa... e agora Jane é "a outra". Por outro lado, Adam, o arquitecto ao que Jane contratou para remodelar a súa casa, está en pleno proceso de divorcio e lle gusta Jane, pero non tardará en descubrir que forma parte dun triángulo amoroso.
Crítica
A mensaxe de No é tan doada parece ser o de que é moi duro ser unha persoa de raza branca e de posición económica acomodada en Santa Barbara. Primeiro temos esa pastelaría de éxito que lle enche os petos a Jane (Meryl Streep) de diñeiro, e logo veñen as complicacións de facer unha reforma na casa (unha casa enorme na que vive soa e que non necesita reformas en absoluto). E logo, para rematar, resulta que o arquitecto que contratou quere ligar con ela ao mesmo tempo que está a revivir un romance co seu ex-marido. Dous homes máis que aceptables que caen aos seus pés no mesmo momento. Miúdo problema!
A Historia demostrounos que durante a gran depresión dos anos 30, o público das clases baixas gozaba indo ao cine a ver películas sobre xente rica: encantáballes evadirse durante algúns momentos das súas terribles vidas e transportarse ata un mundo de glamour. Pero a actual crise económica non é tan mala como o foi aquela, e a xente xa ten outras válvulas de escape, así que imaxino que esta película lle gustará, sobre todo, á xente que poida sentirse identificada con ela. Ao resto pareceralle un pouco preciosista e petulante.Escrita e dirixida por Nancy Meyers (Cando menos te o esperas, En que pensan as mulleres), ten como protagonista a Meryl Streep no papel de Jane, a dona dunha pastelaría-restaurante, que xa superou os 50 e que está felizmente divorciada de Jake (Alec Baldwin), dende fai xa 10 anos. Cando ambos os dous teñen que ir a Nova York para a graduación do seu fillo, Jane e Jake alóxanse no mesmo hotel de luxo, e bajana tomar algo ao bar, e de súpeto rematan na mesma cama. Xa se sabe, polos vellos tempos.P ero Jake está casado agora cunha muller máis nova, Agnes (Lake Bell), con quen ten pouco en común, e o que realmente llo rexuvenece é a aventura coa súa ex-muller. Jane, en cambio, séntese culpable dentro dese triángulo amoroso adúltero e sabe, ou polo menos cre que sabe, que retomar a relación con Jake é unha mala idea, e seríao mesmo se el non tivese volto casar. Á fin e ao cabo, xa tiveron unha relación, e rematou por algo. Non obstante, cando volven a Santa Bárbara, continúan coa aventura.
Mentres tanto, o arquitecto que Jane contratou para reformar a cociña, Adam (Steve Martin), un home tranquilo e sinxelo que comeza a interesarse por ela. Jake é un tipo moi vivaz e está ben telo como amigo, pero Adam é moito máis estable e responsable. Por cal debería decidirse?Suponse que o feito de que Jake non sexa feliz no seu matrimonio con Agnes xustifica que lle poña os cornos. Resultaríanos aceptable se Agnes fose o personaxe principal da película? Probablemente non. Pero Alec Baldwin, que vive unha especia de renacemento grazas á serie 30 Rock, está bastante ben no seu papel de home cincuentón atordado polo amor, e ten certa química con Meryl Streep.E o peor é Steve Martin, completamente desaproveitado nun papel de home un tanto gris. Steve Martin é un dos actores cómicos con máis talento do panorama actual, así que... por que contraterle para un papel que esixe tan pouco?Hai unha escena particularmente divertida: unha festa á que Jane e Adam foron xuntos, o mesmo que Jake e Agnes. Hai marihuana de por medio, moita risa parva e moita parvada. Baldwin ten un momento con John Krasinsiki, que fai de noivo dunha das fillas de Jane e Jake, que gardaremos na nosa memoria durante anos. Tamén hai un momento moi bo no parece que lle tivesen dado carta branca a Steve Martin para facer das súas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario