martes, 5 de enero de 2010

Galicia termina 2009 con 222.839 parados, un 17,34% máis que un ano antes




O paro rexistrado en decembro aumentou en Galicia en 6.011 persoas respecto de novembro e situou o total de desempregados ao peche de 2009 en 222.839, o que supón 32.936 desempregados máis que un ano antes, o 17,34%, segundo datos do Ministerio de Traballo e Inmigración.
O paro en decembro subiu especialmente na construción, con 2.940 persoas, seguido da industria, con 2.048 desempregados, e os servizos, con 791 persoas, mentres que na agricultura 497 persoas perderon o emprego.
No conxunto do España o paro rexistrado en decembro aumentou en 54.657 persoas respecto de novembro e situou o total de desempregados ao peche de 2009 en 3.923.603, o que supón un máximo histórico e 794.640 parados máis que un ano antes, o 25,4 por cento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario