NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
domingo, 17 de enero de 2010
Dúas caras novas para o pleno da Fonsagrada
Ricardo Parada, edil do PSOE na Fonsagrada, formalizará este xoves a súa renuncia, no transcurso dun pleno ordinario no que tamén tomará posesión Antonio Rodil Álvarez, concelleira do PP que substitúe a Ramón Carballo.
A de Ricardo Parada é a terceira renuncia á acta de concelleira que se rexistra no que vai de mandato no Concello da Fonsagrada, logo da substitución de Edelmiro Pardo por Belén Fernández, tamén do grupo socialista, e a renuncia do popular Ramón Carballo para desempeñar as funcións de xefe territorial de Medio Rural en Lugo.
Ricardo Parada presentou tamén a súa renuncia ao escano que ocupa na Deputación, decisión que formalizará, previsiblemente, no próximo pleno da corporación provincial.
O pleno da Fonsagrada abordará este xoves outros temas, como a cesión do inmoble da Fundación Rois da Pena ao Concello para abrir unha residencia de maiores. O goberno local ha encargado o proxecto para terminar a construción do edificio e adaptalo ás necesidades dun centro de día con prazas de residencia.
O alcalde, Argelio Fernández, explica que ten solicitada unha entrevista cos responsables de Benestar para coñecer de forma oficial a súa disposición a apoiar o proxecto. O rexedor indicou que "ninguén da Xunta púxose en contacto comigo para falar deste tema", aínda que extraoficialmente a responsable de Benestar, Susana López Abella, anunciou que apoiaría a iniciativa. Argelio Fernández di que se non se concretan as axudas será a Deputación quen asuma a obra cos fondos do canon hidroeléctrico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario