domingo, 3 de enero de 2010

O socialista Ricardo Parada abandona a vida política por ''motivos de saúde''

O socialista Ricardo Parada presentou este mércores a súa renuncia á acta de concelleira no Concello da Fonsagrada, un día logo de facer o mesmo cos seus cargos na Deputación Provincial de Lugo. Explicou que a súa renuncia se debe a motivos "de saúde" e que seguirá colaborando co PSOE.

O seu posto como edil da Fonsagrada ocuparao Monserrat Yáñez Pasarín, e como substituto na Deputación barállase o nome do alcalde de Navia, José Fernández Fernández.

Ricardo Parada foi alcalde da Fonsagrada desde 2003 ata 2007. Nas últimas eleccións volveu optar ao cargo e revalidouno, pero renunciou ao posto en favor do seu compañeiro de candidatura Argelio Fernández Queipo.

O político socialista, médico da Fonsagrada, accedeu á corporación provincial no actual mandato e ocupaba o cargo de delegado de Medio Ambiente.

Ricardo Parada dixo este mércores que descoñece quen ocupará o seu posto de deputado provincial. "Iso ten que decidilo a executiva do PSOE, que elixirá entre os candidatos dispoñibles dentro da circunscrición". Con respecto ao cargo de delegado de Medio Ambiente, explicou que é competencia da corporación designar outro.

No próximo pleno da Deputación, declararase vacante o posto de Ricardo Parada. Convocarase a xunta electoral central para propor substituto, que será elixido entre os tres suplentes. O primeiro deles é José Fernández Fernández, actual alcalde de Navia de Suarna.

Fernández indicou este mércores que descoñece se será o sucesor de Parada e que non recibiu comunicación algunha do PSOE respecto diso. Aínda que asegura que "ser deputado non estbaa nos meus plans neste momento", recoñece que está "a disposición do partido e farei o que diga a dirección".

Nova concelleira
A substitución de Parada na corporación da Fonsagrada si está clara. O seu posto será ocupado por Montserrat Yáñez Pasarín, número sete da candidatura socialista das últimas eleccións, que xa confirmou a súa intención de aceptar a proposta do partido para formar parte do equipo de goberno.

é a segunda muller que se suma ás filas socialistas, copadas por homes, no medio do mandato, tras a entrada de Belén Fernández en substitución de Edelmiro Prado.

Yáñez Pasarín asumirá o posto "con ánimo" e coa curiosidade propia dos principiantes. é a primeira vez que forma parte dunha candidatura e móstrase disposta a axudar "no que poida". Descoñece cal será o seu labor na corporación, pero adianta que "a concellaría de Ricardo Parada, a de cultura e deportes, é unha das que me gustan".

Parada formalizará a renuncia como edil no pleno do 14 de xaneiro. Será entón cando comecen os trámites para a súa substitución por parte de Montserrat Yáñez Pasarín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario