O minifundio fai que en Galicia haxa dous millóns de parcelas forestais abandonadas ou infrautilizadas. O Plan Forestal de 1992 recollía unha parte de investimento público e outra privada. A primeira ía encamiñada a pór o monte a producir. Da segunda encargáronse as industrias, que aumentaron as súas plantas.
1
¿Cal é a importancia real desta actividade?
Pese ao minifundio da propiedade e a pesar de que miles de donos de montes -a gran parte-non traballan os seus terreos, nos últimos anos Galicia veu producindo a metade da madeira de España. Isto situouna nalgún exercicio como a novena potencia da UE en curtas de madeira, por encima ata do Reino Unido. Só nos dez últimos anos, os produtores forestais de Galicia percibiron 1.000 millóns de euros pola venda da madeira.
2
¿Que impacto ten no territorio?
Grazas a esta dimensión en orixe, Galicia posúe un sector de transformación da madeira con 3.500 empresas, a maioría de orixe familiar, que emprega directamente a 26.000 persoas e indirectamente a 50.000. De feito, trátase da cuarta actividade industrial na Coruña, a terceira en Pontevedra e Ourense, e a segunda en Lugo. Nunha vintena de comarcas é unha das tres principais actividades económicas, o que contribúe a fixar poboación no medio rural, moi azoutado pola sangría demográfica.
3
¿Como se presenta o futuro inmediato?
Europa é deficitaria en madeira. E prevese que esta tendencia se agrave aínda máis no futuro. É dicir, a comunidade ten ante si o reto de apostar polo investimento público no monte para reforzar o papel de Galicia na UE. A aposta non só é económica porque o bosque ten outros funcións ademais da produtiva; tamén ten unha vertente social e recreativa e de protección e conservación da natureza.
4
¿Que medidas ten en marcha a Xunta?
Medio Rural está en negociacións co Goberno central para o desenvolvemento dunha nova figura societaria -prevista na lei estatal de montes do 2003- que incentive o aproveitamento forestal. Os donos que agrupen os seus terreos para mellorar a explotacións das parcelas terán un mellor trato fiscal. Esta figura permitiría tamén atraer capital privado para que invista no monte, unha vía pouco aproveitada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario