NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
miércoles, 20 de enero de 2010
Lugo é a única provincia galega que reduciu a mortalidade nas súas estradas
A provincia de Lugo foi a única de Galicia que logrou reducir a mortalidade nas súas estradas e cumpriu un dos obxectivos básicos do Libro Branco dos Transportes da Unión Europea (UE), editado no ano 2003, que consistía en baixar a porcentaxe de mortos na rede viaria nun 50% como mínimo. O subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, e o xefe provincial de Tráfico, Gonzalo León, destacaron ademais que esa meta foi alcanzada "un ano antes do prazo establecido e coa cualificación de sobresaliente".
Vázquez Portomeñe precisou que en 2009 só houbo 31 accidentes mortais en Lugo, con 34 falecidos, fronte aos 45 rexistrados o ano anterior, con 49 mortos, o que supuxo un descenso porcentual do 31%. Converteuse así, xunto con Ávila, na oitava provincia de España con maior descenso de mortalidade na súa rede de estradas e na primeira de Galicia, porque "Ourense quedou practicamente como estaba" en 2008, mentres que "A Coruña e Pontevedra presentan datos en negativo", precisou Gonzalo León.
En todo caso, ese descenso é moito máis significativo se se toma como referencia o 2003, cando foi editado o Libro Branco da UE, dado que 97 persoas perderon a vida ese ano en estradas da provincia de Lugo, 63 máis que en 2009, o que significa que o número de accidentes mortais baixou nun 65% nos últimos seis anos.
Por outra banda, Vázquez Portomeñe aclarou que a maioría dos accidentes mortais prodúcense en estradas convencionais e as distraccións ao volante supoñen a causa dun 34 por cento dos mesmos. Ademais, tamén quixo desterrar o "tópico" de que os mozos son o segmento de poboación con máis falecidos, porque o 30% dos mortos en 2009 tiña máis de 64 anos e o 21% entre 45 e 54 anos. Na franxa de idade que vai desde os 18 aos 24 anos só houbo que lamentar tres mortes.
Parque móbil e infraccións
O subdelegado do Goberno finalizou a súa intervención recordando que o parque móbil aumentou na provincia de Lugo un 15% en apenas 6 anos, ao pasar dos 220.000 vehículos que había en 2003, aproximadamente, aos 258.000 que hai na actualidade. Ao seu xuízo, este dato achega aínda máis valor ao descenso de accidentes graves na rede viaria lucense.
Pola súa banda, Gonzalo León informou de que un 60% das multas tramitadas en Lugo están relacionadas ou con exceso de velocidade ou coa condución baixo os efectos de bebidas alcohólicas. Un 17% das sancións son por non levar posto o cinto de seguridade ou por non utilizar dispositivos homologados de retención infantil. Para rematar, o 14% das infraccións están vinculadas á manipulación de aparellos electrónicos ao volante, como teléfonos móbiles ou GPS.
En todo caso, o xefe de Tráfico recoñeceu que o traballo de concienciación tamén deu os seus froitos nesta provincia, porque se fixeron o pasado ano 190.000 controis de alcoholemia e só deron positivo 1.962 condutores, ou o que é o mesmo, menos dun 1%.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario