Non era fácil superar a sensación que causou o lucense Manuel Bolaño cando fixo desfilar a modelos con zocas made in Mondoñedo por primeira vez na feira de moda Bread&Butter de Barcelona, hai tres anos. Pero onte había colas na 080 Barcelona Fashion só para ver o novo traballo deste nova talento da moda. Esta vez inspirouse nun paseo que fixo ao Cebreiro cando era pequeno acompañado da súa nai e dun osito de peluche cor camel. E así, tal cal, aparecían modelos, co rostro encadrado entre cabezas de ositos como hombreras.
O universo de Bolaño, que estudou Bacharelato Artístico en Lugo para trasladarse despois a Barcelona, xira sobre a calidez e tenrura dos tecidos e encaixes que adornaban o corpo das galegas. A súa nai, Josefa, contaba onte que lle adoita axudar cos bordados e os encaixes e que Manuel, desde neno, vive para a moda: «Creceu vendo ganchillar á avoa», di. O nome das coleccións de Bolaño non oculta a súa orixe: Miñas Celsas , As viúvas , Peliqueiros ?. Digamos que os seus vestidos son fashion pero á vez riquiños. E de aí o seu inimitable estilo. «Quizais triunfo porque no mundo do deseño está moi de moda o folclórico e o étnico», di Bolaño, quen volveu a recorrer a Alberto Geada para calzar ás modelos, esta vez cunha revisión das tradicionais «zamancas» ou «zocas de cana», aqueles botíns de coiro e chan de madeira que se usaban para ir «aos toxos».
«Quizais triunfo porque está de moda o étnico»
Caracteriza a Bolaño o seu amor pola costura artesanal e o coidado co que consente as teas. «Recordo unha fría e gris mañá de inverno. A miña nai vestida de las e sedas rosas. Levábame da man e eu preguntábame... ¿Por que todo ha de ser de cor rosa?», reflexiona. A súa idea é presentar e vender a colección por todas as feiras de moda. «A roupa está dirixida a mulleres elegantes que queren sentirse especiais e hai pezas de todos os prezos», di ante a suxestión de que a alta costura é só para altos petos. Respecto ao segredo do seu éxito, afirma: «Quizais triunfo porque está moi de moda o folclórico e o étnico». Pero lle gustou un pouco máis de recoñecemento da terra. «Por exemplo -recorda a súa nai sen que el estea presente- poderían haberlle chamado de Verín para agradecerlle a publicidade que deu aos Peliqueiros coa súa pasada colección». Bolaño explota ao máximo afectos familiares e as referencias «ao galego» aínda que, iso si, deféndese case mellor en inglés que nesa lingua. Talvez sexa polo seu espírito cosmopolita, xa que Barcelona comeza a quedar pequena a este lugués que aspira a levar as súas coleccións todo o máis alto das pasarelas internacionais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario