martes, 5 de enero de 2010

O paro entre as persoas solteiras supera en seis puntos a media




As persoas solteiras son as únicas, dentro da análise por estado civil, que presentan unha taxa de paro superior á media, situada no 17,93%. Así, de cada cen cidadáns nesa situación case a cuarta parte (o 24,29%) non conseguen un emprego, a pesar de contar con máis de 16 anos e mostrar ilusión e ganas por acceder ao mercado laboral. A porcentaxe máis baixa de desemprego dáse no colectivo de casados. O seu índice tan só roza o 14%. Os separados ou divorciados son os que máis se aproximan á taxa media, cun 17,75%. Os datos figuran nun informe do INE que tamén desvela que o paro entre os viúvos é do 16,05%.
O grupo de mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 19 anos é o máis castigado polo desmoronamiento do emprego. Polo menos un de cada dous non consegue traballar. En xeral, a súa taxa de paro ascende ao 53,37%, cifra que se eleva 0,10 puntos no caso dos solteiros e baixa ao 47,72% no dos casados. Pola contra, a situación mellor, cun desemprego do 11,28%, rexístrase entre os cidadáns de 60 a 64 anos. E de novo as persoas que non se casaron nunca son as que teñen a taxa máis alta, co 15,66%. Por xénero, tanto nos homes como nas mulleres, a soltería eleva a precariedade laboral. A taxa masculina chega ao 25,85%, e a feminina, ao 22,12%.

No hay comentarios:

Publicar un comentario