NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
miércoles, 27 de enero de 2010
O uso de internet é inferior ao 30% nalgunhas comarcas de Lugo e Ourense
A fenda dixital entre as provincias atlánticas galegas e as do interior segue crecendo aínda. Así se desprende da última 'Enquisa de condicións de vida dás familias' elaborada polo Instituto Galego de Estatística, que ofrece datos do 2008 e que foi presentada este mércores en Santiago polo director xeral do IGE, José Antonio Campo, e polo subdirector xeral de produción estatística, Manuel Mateo.
Deste xeito, a enquisa reflexa que as provincias da Coruña e Pontevedra rexistran un uso do teléfono móbil superior ao 80%, mentres que nas de Lugo e Ourense apenas supera o 70. A diferenza é maior se nos referimos ao uso de internet, no que A Coruña supera o 37% e Ourense queda nun 22,1.
Se nos fixamos nas comarcas, algunhas zonas chegan a duplicar a outras. Así, mentres o uso de computador na área da Coruña achégase ao 60%, na zona oriental de Lugo é de algo máis do 28%. Se falamos de uso de internet, a diferenza é de 53,24% a 20,86 nas mesmas zonas.
Comparando estes datos cos do resto de España, comprobamos que os de Galicia son lixeiramente inferiores. Así, o uso de computador é na comunidade do 57,4, mentres que a media estatal é do 61%. A conexión a internet é do 51,3% en Galicia e do 56,7 en España. Segundo o director do IGE, esta diferenza débese á ''distinta estrutura poboacional'' entre Galicia e as outra comunidades autónomas.
Mocidade e uso de internet
En canto ao odenador, máis do 52% dos galegos a partir de 5 anos asegura utilizar esta ferramenta algunha vez, aumentando catro puntos porcentuais con respecto ao 2007 e 16 con respecto ao 2002. As maiores porcentaxes de uso danse entre os 5 anos e os 19, onde preto de 8 de cada 10 mozos aseguran usalo con frecuencia. A porcentaxe entre os maiores de 55 anos non chega ao 10%.
En canto á frecuencia de uso, máis da metade dos enquisados aseguran utilizar o computador diariamente. Principalmente, estas persoas usan esta ferramenta nos seus fogares e, en menor medida, nos centros de traballo e estudo.
No que se refire ao uso de internet, o 33% dos fogares galegos contan xa con conexión. Esta porcentaxe varía de novo en función da área xeográfica. Así, na área da Coruña a porcentaxe é case do 46%, mentres que no sur de Ourense queda nun escaso 14%. A principal causa pola que os enquisados afirman non contar con este servizo nos seus fogares é que non lles parece útil.
Así mesmo, dáse unha forte diferenza de uso por idades, estando máis estendido entre os mozos de 15 a 19 anos, alcanzando case o 90%. A porcentaxe diminúe a medida que aumenta a idade, polo que na poboación maior de 55 non alcanza o 10%. Ademais, a maioría da poboación conéctase máis dunha hora ao día.
Administración electrónica
En 2008, máis do 16% da poboación maior de 16 anos que se conectaba con frecuencia a internet realizara algunha compra mediante este medio. As maiores porcentaxes sitúanse entre os 20 e os 39 anos. Entre os produtos ou servizos máis comprados na rede destacan claramente as viaxes ou billetes para medios de transporte e xa a bastante distancia as entradas para espectáculos.
É a primeira vez que se inclúe na encuesta a relación entre os galegos e a Administración electrónica. O estudo reflexa que en 2008 un total de 267.405 persoas usaron internet para relacionarse coas administracións públicas, principalmente para facer a declaración da renda e para xestións sanitarias.
Para rematar, segundo este estudo, en 2008 sete de cada dez galegos de 5 ou máis anos utilizaba o teléfono móbil. Trátase dunha cifa moi superior á rexistrada en 2002, cun 45,5%. Segundo o subdirector xeral, ''choca'' que a porcentaxe de uso do móbil entre os rapaces de 5 a 14 anos sexa lixeiramente superior que o dos maiores de 65. Con todo, as maiores porcentaxes danse entre os 15 e os 39 anos, onde se supera amplamente o 90%.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario