lunes, 25 de enero de 2010

A Fonsagrada anuncia a feira do Butelo para o 6 e o 7 de febreiro

Fuente: Diario El Progreso
A Fonsagrada celebrará os días 6 e 7 de febreiro a XIII Feira do Butelo. Esta edición conta coa colaboración especial do debuxante Forges, de orixe fonsagradina, que contribuíu cun cartel anunciador no que o embutido protagonista aparece representado como o rei da montaña.


O evento reunirá na Fonsagrada a 62 expositores, que se instalarán nunha carpa na praza do museo. A estrela será o butelo, pero tamén estarán presentes outros produtos típicos da zona, como os derivados do porco celta, dulces, pan, mel e produtos da horta.

Non faltarán tampouco todo tipo de artesáns e representantes de oficios tradicionais, coma os ferreiros. Este ano, como novidade, montarase un posto de elaboración de filloas á pedra, chegado dende Pontevedra.

Tanto o día 6 coma o 7, os postos abrirán ás dez da mañá e pecharán ás sete da tarde. O sábado ás doce e media terá lugar a inauguración oficial e o domingo serán recibidas as autoridades convidadas, entre as que se atopa o propio Forges, que aínda non confirmou a súa asistencia. Ás doce e media actuará a agrupación local Antaruxas e Sorteiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario